top of page

Acerca da web

Contan os máis sabios da Terra  que todo comeza nos campos de Cereal. Algúns muíños fabrican fariñas movidos polas máxicas augas dos ríos. 

Os artesáns modelan a masa nai, corazón do pan. Sustento básico de familas século tras século. A tradición estase a perder e nestes tempos nos que se prefire o pan industrial queremos chamar á morriña daqueles que lembran o sabor da leña no pan.

 

 

Esta páxina é un proceso de fermentación e elaboración de xornalismo artesán (e pan,xa que estamos).

 

 

NÓS

Rosquiña e boliño

Ola! somos as estrelas de Bocados de Pan. Con nós aprenderedes os segredos do mellor pan do mundo: o pan galego.

 

Rosquiña e Boliño, bocados de pan
Cristina  pÉrEZ mARQUINA

Son froito dunha receita sinxela cun resultado francamente espectacular. Rica, rica rica.

 

Paso 1: Mezcla 50% do Carballiño + 50% da Arnoia.

 

Paso 2: 9 meses de amasado lento e repouso.

 

Paso 3: Fermentada na súa totalidade nun forno moi acolledor e artesán.

 

Paso 4: A finai de maio de 1995 sae á luz unha boliña dourada, rechea dunha miga esponxosa e branca.

 

Denominación de orixe 100%, non hai outra coma min!

eSTHER rODRÍGUEZ sOTO

Coas mans na masa dende 1995. Os meus desprazamentos pola península permitirónme probar diversos tipos de pan: a chapata do País Vasco, o pan candel de León, etc. Porén podo afirmar sen dubida que non hai pan mellor que o galego.

yOHANA sILVA tROYÓN

Proxecto de xornalista coruñesa. Adicta aos boliños e ós zapatos "since" 1995. Fan incondicional de "Rosquiña e Boliño".

SARA vIÉITEZ oTERO

"Ao pan, pan... e ao viño, vin". Aficionada ó pan dende nena, declárome fanática da miga. Crecendo entre fornos aprendín que non hai alimento máis inprescindible nunha mesa que un pedazo de pan con aire galego. 

© 2015 by Bocadosdepan

bottom of page