top of page

Reinventando o tradicional

Imaxe realizada por: Esther Rodríguez Soto

Imaxe realizada por: Esther Rodríguez Soto

Como facer que un alimento tan básico como o pan sexa algo novedoso? Que fai que o pan artesán sexa algo revolucionario? En que consiste reinventar o tradicional? Basicamente trátase de aproveitar os coñecementos transmitidos de xeración en xeración e mellorar todo o mellorable, porque o “artesán non sempre é sinónimo de calidade".

 

Na panadería Moscoso Moure saben facer maxia co pan artesán e tamén cal é o segredo da boa masa. Pouco a pouco e gracias ao traballo constante e ás ganas de superación, a panadería converteuse nunha marca con prestixio na oferta de pan, tanto a nivel local como a nivel autonómico. Pan da Moa converteuse na súa marca, que aspira a recoller con forza  a ideoloxía da panadería: conservar a tradición pero aplicando un selo de identidade.

 

Guillermo é o herdeiro dunha longa tradición, dunha filosofía de vida, dunha maneira de entender o pan. Nesta entrevista tratamos de coñecer máis a fondo a Moscoso Moure como panadería, a Pan da Moa como marca persoal, e máis concretamete a Guillermo Mosoco como artista do pan.

Os Moscoso Moure convertéronse xa nunha das familias máis lexendarias no sector panadeiro nunha comarca como a de Santiago, onde o pan é de grande relevancia.

 

A súa marca, Pan da Moa, converteuse nun icono independente expandindo a súa forma de facer pan por toda Galicia, España, e incluso máis alá das nosas fronteiras.

 

Guillermo ten un blog propio "Pan da última fornada", que lle permite dar a coñecer e difundir o valor, xa non só do seu pan, senón do pan galego en xeral, un producto pouco valorado a pesar de ser esencial para tódalas familias.

Imaxe cedida por: Guillermo Moscoso Moure

© 2015 by Bocadosdepan

bottom of page